Hornos de Lamastelle impulsa a súa competitividade cun novo proxecto de Atención Integral Centrada na Persoa e Sustentabilidade

A Confederación Española de Economía Social (CEPES) deu luz verde a un proxecto de COGAMI Empresarial orientado a fortalecer a competitividade do seu grupo de empresas. Titulado A Atención Integral Centrada na Persoa e a Sostibilidade Ambiental: Pancas para o mantemento do emprego e o fortalecemento, este proxecto ten como obxectivo principal impulsar a formación e capacitación do persoal laboral, garantindo a continuidade dos postos de traballo e a mellora das condicións laborais.

A través deste proxecto, Hornos de Lamastelle integrará a metodoloxía de Atención Integral Centrada na Persoa (AICP) na súa xestión, promovendo a adquisición de competencias transversais para o emprego que aumentarán a cualificación do persoal. Ademais, inclúe a creación dunha estratexia de sustentabilidade conxunta que permitirá desenvolver plans de acción específicos en cada empresa pertencente ao grupo. Esta estratexia busca mellorar a eficiencia operativa, reducir o impacto ambiental e reforzar a comunicación en materia de sustentabilidade.

Este proxecto beneficiará a todos os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social de COGAMI Empresarial, sendo Galega de Economía Social, COREGAL e Hornos de Lamastelle as principais beneficiarias debido á súa relevancia dentro do grupo. Estas entidades contarán con partidas orzamentarias específicas para avanzar nos obxectivos do proxecto.

Cun período de execución de 35 meses, desde febreiro de 2024 ata decembro de 2026, o proxecto conta cun orzamento total de 468.437,08 €, o 60% cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus. Esta iniciativa inscríbese no marco do programa EFESO 2021-2027, no que CEPES actúa como organismo intermedio.


Hornos de Lamastelle mellora a súa eficiencia produtiva e enerxética co Bono Consolida

Hornos de Lamastelle foi beneficiaria da axuda pública do Bono Consolida Economía Social 2024, especificamente na Liña 5: adquisición de equipamento.

Grazas a esta axuda, a empresa puido incorporar unha nova máquina de alimentación de aire comprimido para a súa liña de produción, substituíndo unha que presentaba un rendemento pouco eficiente. Esta nova adquisición non só optimiza o proceso produtivo, senón que tamén contribúe a mellorar a eficiencia enerxética, axustando o caudal de enerxía xerado polo compresor á demanda real da rede. Deste xeito, Hornos de Lamastelle reafirma o seu compromiso co coidado do medio ambiente a través dun sistema máis sostible.


Hornos de Lamastelle segue no camiño da mellora dos seus procesos

Tras dous anos dedicado á mellora continua e diversificación de produto, Hornos de Lamastelle conclúe un proxecto centrado na mellora de procedementos e exploración de metodoloxías para a innovación de produtos.

Financiado por CEPES, Confederación Española de Empresas de Economía Social, a través do Fondo Social Europeo, traballouse a mellora e actualización de procedementos de calidade internos a modo de preparación para a certificación do International Food Standard (IFS), unha certificación de alta esixencia que permitiralle a Hornos maior competitividade en mercados internacionais.

Neste proceso de actualización dos procedementos de calidade realizáronse formacións en boas prácticas no sector alimentario a 78 persoas traballadoras pertencentes Hornos de Lamastelle.

Este proxecto axudou a ter máis coñecemento á hora de tomar decisións como a adqusición dunha parcela no polígono empresarial de Carballo de Bergantiños, lugar no que está previsto construir as novas instalacións de Hornos de Lamastelle, baixo criterios de eficiencia enerxética e accesibilidade universal, e que mellorarán a súa capacidade produtiva e competitividade.


Hornos de Lamastelle participa na investigación da aplicabilidade de tecnoloxías fotónicas para mellorar os procesos das empresas do sector da panadaría.

Hornos de Lamastelle participa na investigación da aplicabilidade de tecnoloxías fotónicas para mellorar os procesos das empresas do sector da panadaría.

Obxectivo xeral

 PHOTONICS4BAKERY ten coma obxectivo xeral avanzar na transformación dixital das empresas do sector da panadaría mediante a investigación da aplicabilidade das tecnoloxías fotónicas na mellora dos procesos. En concreto, estudarase a aplicabilidade en termos de eficiencia e eficacia das tecnoloxías NIR (Near  InfraRed spectroscopy) e HSI (HiperSpectral  Imaging) na caracterización cuantitativa e/ou cualitativa de materias primas, produto intermedio e/ou produto final de diferentes matrices do sector da panadería. O uso destas dúas tecnoloxías permitirá a determinación non invasiva de diferentes parámetros de calidade e seguridade alimentaria que condicionan o proceso produtivo do sector.

O proxecto parte e continúa cos resultados anteriores do proxecto HSI-FOOD (AEI-010500-2020-208) no que se comprobou a viabilidade de utilizar unha cámara hiperespectral para medir diferentes parámetros nunha serie de  matrices alimentarias.

Obxectivos específicos de Photonics4Bakery

  • Avaliar o encaixe das tecnoloxías NIR e HSI dentro do proceso produtivo das empresas,  buscando  melloras  no  control  de calidade  das  materias primas, procesos intermedios e produto final.
  • Avanzar na implementación de técnicas de machine learning e sistemas de procesado computacional intensivo que permitan o desenvolvemento de novas ferramentas non invasivas para a caracterización cualitativa e cuantitativa de materias primas, produto  intermedio  ou  final  ao longo do proceso produtivo.
  • Analizar os mecanismos que permitan habilitar a súa implantación efectiva nos procesos  industriais  estudados,  promovendo  a  transformación dixital das empresas e reducindo os seus custos actuais.

PHOTONICS4BAKERY conta co apoio da convocatoria de outubro de 2021, en apoio á AAEEII do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, financiada pola Unión Europea – Next Generation EU.

Entidades Beneficiarias

Levarase a cabo por un consorcio coordinado polo  Clúster Alimentario de Galicia, que  integra á AEI Vitartis e ás empresas AOTECH, ATRIA INNOVATION, Sanbrandán, Hornos de Lamastelle e DaVeiga.


Ecuador do proxecto financiado por CEPES dirixido á mellora de procesos e diversificación

O pasado ano, a Confederación Española de Empresas de Economía Social (CEPES) aprobaba a cofinanciación dun proxecto solicitado por Hornos de Lamastelle dirixido á mellora continua, procesos e diversificación. Esta acción, que se atopa no seu ecuador, conta cun período de execución de dous anos e está financiada polo Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Inclusión Social y Economía Social ( POISES).

Ata o de agora, Hornos de Lamastelle orientou o seu traballo na identificación de necesidades e tamén na definición, planificación e deseño da nova planta que ten previsto construir no polígono industrial de Carballo de Bergantiños.

A conformación dun equipo de traballo e o deseño de metodoloxías enfocadas ao desenvolvemento e proba de novos produtos, son outras das liñas de traballo que está a levar a cabo Hornos de Lamastelle neste proxecto de mellora da competitividade.

Nos meses que restan de proyecto, Hornos de Lamastelle seguirá traballando en adaptar os seus procesos e procedementos internos aos requerimentos do estándar IFS, un dos máis estrictos da industria alimentaria, e que permitirá o acceso a novos mercados.

Na actualización destes procesos estase formando a persoal interno en boas prácticas de hixene e fabricación para manter os máximos estándares na seguridade alimentaria do produto. Un total de 78 persoas están a ser beneficiarias, delas o 97% teñen algún tipo de discapacidade.

O proxecto, que rematará en decembro de 2022, está a supor unha oportunidade de medrar, modernizarse e adaptarse ás demandas do mercado, ademáis de manter os altos estándares de calidade e competitividade.