Tras dous anos dedicado á mellora continua e diversificación de produto, Hornos de Lamastelle conclúe un proxecto centrado na mellora de procedementos e exploración de metodoloxías para a innovación de produtos.

Financiado por CEPES, Confederación Española de Empresas de Economía Social, a través do Fondo Social Europeo, traballouse a mellora e actualización de procedementos de calidade internos a modo de preparación para a certificación do International Food Standard (IFS), unha certificación de alta esixencia que permitiralle a Hornos maior competitividade en mercados internacionais.

Neste proceso de actualización dos procedementos de calidade realizáronse formacións en boas prácticas no sector alimentario a 78 persoas traballadoras pertencentes Hornos de Lamastelle.

Este proxecto axudou a ter máis coñecemento á hora de tomar decisións como a adqusición dunha parcela no polígono empresarial de Carballo de Bergantiños, lugar no que está previsto construir as novas instalacións de Hornos de Lamastelle, baixo criterios de eficiencia enerxética e accesibilidade universal, e que mellorarán a súa capacidade produtiva e competitividade.