Os ingredientes dunha receita única...
Tradición, talento, innovación, fariña, auga, atún...
Quen somos
En Lamastelle mesturamos tradición, talento, innovación, fariña, auga, atún e outros ingredientes para crear produtos únicos que poidas gozar nos mellores momentos.
A nosa experiencia e coñecemento permitíronnos especializarnos na elaboración de empanada galega, Tarta de Santiago con Indicación Xeográfica Protexida e biscoitos que distribuímos a calquera lugar do mundo.
Historia de Lamastelle
Primeiros pasos da receita

A nosa historia comezou en Oleiros (A Coruña) hai máis de tres décadas cando nos reunimos para organizar aquel curso de formación especializada en panadaría e pastelaría.

O que nun principio parecía ser unha pequena formación rematou converténdose nun gran proxecto e no primeiro paso cara á nosa paixón polo oficio.

Continuamos formándonos e comezamos a elaborar empanadas e bolería fresca que distribuíamos diariamente nos arredores do noso obradoiro.

Aos poucos, a medida que medraban as nosas vendas, tamén o facía o noso equipo humano, xerando máis e mellores oportunidades para as persoas con discapacidade.

A posibilidade de chegar a un mercado máis global, veu da man das novas tecnoloxías.

Apostamos por continuar elaborando un produto coidado e de calidade que introduciamos nos nosos túneles de ultraconxelación para que chegase en condicións óptimas aos puntos de venda.

O compromiso coas persoas con discapacidade, co medio ambiente e coa profesión que tanto respectamos, sempre foron a nosa guía.
Os nosos valores
Mesturando os ingredientes
De onde xorde o noso entusiasmo e o sabor tradicional dos nosos produtos? Duns ingredientes selectos e uns valores sólidos:

Calidade
Un sabor que respecta as excelentes materias primas. Os nosos produtos parten da tradición galega e manteñen a esencia dos ingredientes empregados en cada receita. Conseguimos traer o consumidor á nosa terra

Servizo de confianza
Próximo e centrado na xeración de valor. Escoitamos as necesidades dos clientes e colaboramos cos provedores para crear vínculos profesionais sólidos e duradeiros. Distribuidores, produtores, consumidores... Todos formamos parte do mesmo proxecto.

Adaptación
Ás necesidades dos nosos clientes e ás últimas tendencias do mercado. Unimos tradición e innovación para poder avanzar cara a novos horizontes sen perder de vista as nosas raíces.

Equipo e Valor social
O noso equipo é o corazón da empresa. O seu talento e formación especializada axúdannos a mellorar e a crecer día tras día.
Desde o comezo, a nosa misión mantense intacta: contribuír na mellora ou contribuír á mellora) da calidade de vida, a xeración de oportunidades e a posta en valor do traballo e talento das persoas con discapacidade.
A visión de Lamastelle
Amasando o noso futuro
En Lamastelle seguiremos apostando pola calidade, pola confianza, polo coidado nos procesos de elaboración, pola adaptación, polo valor social… e por facer crecer ao noso equipo. Persoas que gozan cada día elaborando produtos pensados para satisfacer os gustos do consumidor e as esixencias de negocio dos nosos clientes.