Hornos de Lamastelle participa na investigación da aplicabilidade de tecnoloxías fotónicas para mellorar os procesos das empresas do sector da panadaría.

Obxectivo xeral

 PHOTONICS4BAKERY ten coma obxectivo xeral avanzar na transformación dixital das empresas do sector da panadaría mediante a investigación da aplicabilidade das tecnoloxías fotónicas na mellora dos procesos. En concreto, estudarase a aplicabilidade en termos de eficiencia e eficacia das tecnoloxías NIR (Near  InfraRed spectroscopy) e HSI (HiperSpectral  Imaging) na caracterización cuantitativa e/ou cualitativa de materias primas, produto intermedio e/ou produto final de diferentes matrices do sector da panadería. O uso destas dúas tecnoloxías permitirá a determinación non invasiva de diferentes parámetros de calidade e seguridade alimentaria que condicionan o proceso produtivo do sector.

O proxecto parte e continúa cos resultados anteriores do proxecto HSI-FOOD (AEI-010500-2020-208) no que se comprobou a viabilidade de utilizar unha cámara hiperespectral para medir diferentes parámetros nunha serie de  matrices alimentarias.

Obxectivos específicos de Photonics4Bakery

  • Avaliar o encaixe das tecnoloxías NIR e HSI dentro do proceso produtivo das empresas,  buscando  melloras  no  control  de calidade  das  materias primas, procesos intermedios e produto final.
  • Avanzar na implementación de técnicas de machine learning e sistemas de procesado computacional intensivo que permitan o desenvolvemento de novas ferramentas non invasivas para a caracterización cualitativa e cuantitativa de materias primas, produto  intermedio  ou  final  ao longo do proceso produtivo.
  • Analizar os mecanismos que permitan habilitar a súa implantación efectiva nos procesos  industriais  estudados,  promovendo  a  transformación dixital das empresas e reducindo os seus custos actuais.

PHOTONICS4BAKERY conta co apoio da convocatoria de outubro de 2021, en apoio á AAEEII do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, financiada pola Unión Europea – Next Generation EU.

Entidades Beneficiarias

Levarase a cabo por un consorcio coordinado polo  Clúster Alimentario de Galicia, que  integra á AEI Vitartis e ás empresas AOTECH, ATRIA INNOVATION, Sanbrandán, Hornos de Lamastelle e DaVeiga.