O pasado ano, a Confederación Española de Empresas de Economía Social (CEPES) aprobaba a cofinanciación dun proxecto solicitado por Hornos de Lamastelle dirixido á mellora continua, procesos e diversificación. Esta acción, que se atopa no seu ecuador, conta cun período de execución de dous anos e está financiada polo Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Inclusión Social y Economía Social ( POISES).

Ata o de agora, Hornos de Lamastelle orientou o seu traballo na identificación de necesidades e tamén na definición, planificación e deseño da nova planta que ten previsto construir no polígono industrial de Carballo de Bergantiños.

A conformación dun equipo de traballo e o deseño de metodoloxías enfocadas ao desenvolvemento e proba de novos produtos, son outras das liñas de traballo que está a levar a cabo Hornos de Lamastelle neste proxecto de mellora da competitividade.

Nos meses que restan de proyecto, Hornos de Lamastelle seguirá traballando en adaptar os seus procesos e procedementos internos aos requerimentos do estándar IFS, un dos máis estrictos da industria alimentaria, e que permitirá o acceso a novos mercados.

Na actualización destes procesos estase formando a persoal interno en boas prácticas de hixene e fabricación para manter os máximos estándares na seguridade alimentaria do produto. Un total de 78 persoas están a ser beneficiarias, delas o 97% teñen algún tipo de discapacidade.

O proxecto, que rematará en decembro de 2022, está a supor unha oportunidade de medrar, modernizarse e adaptarse ás demandas do mercado, ademáis de manter os altos estándares de calidade e competitividade.