Aviso Legal
En cumprimento do establecido no Art. 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSI-CE), infórmase que esta páxina web, con dominio www.lamastelle.com é titularidade de Hornos de Lamastelle, S.A.
A responsable do servizo prestado a través da web é:
Identidade: Hornos de Lamastelle, S.A. – CIF: A-15.437.486
Enderezo postal: C/ República Checa, 17, Parque Empresarial Costa Vella, Santiago.
Teléfono: 981 519 026
Enderezo electrónico: protecciondedatos@lamastelle.com
Inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña, Folio 23, Tomo 1411 da Sección Xeral, Folla C10168, Inscrición 1ª.
Termos e condicións
1. PERSOAS USUARIAS: O acceso e/ou uso deste portal de Hornos de Lamastelle, S.A atribúe a condición de PERSOA USUARIA, que acepta, dende dito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidos.
2. USO DO PORTAL: www.lamastelle.com proporciona o acceso a multitude de informacións, datos e fotografías (en adiante “os contidos”) en Internet pertencentes a Hornos de Lamastelle, S.A. A PERSOA USUARIA asume a responsabilidade de uso do portal. A PERSOA USUARIA comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos (como por exemplo, poderían ser servizos de chat, foros de discusión ou grupos de noticias que se cheguen a crear dentro do portal) que Hornos de Lamastelle S.A. ofrece a través do seu portal e con carácter enunciativo pero non limitativo, a non empregalos para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de Hornos de Lamastelle, S.A., dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) intentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutras persoas usuarias e modificar ou manipular as súas mensaxes.
Hornos de Lamastelle, S.A. resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e aportacións que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a xuventude ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultaran adecuados para a súa publicación. En calquera caso, Hornos de Lamastelle, S.A. non será responsable das opinións vertidas polas persoas usuarias a través dos foros, chats, ou outras ferramentas de participación que se poidan chegar a crear dentro do portal web corporativo, así como nos perfís oficiais de redes sociais de Hornos de Lamastelle, S.A.
3. PROTECCIÓN DE DATOS: Hornos de Lamastelle, S.A. cumpre coas directrices e obrigas reguladas no REGULAMENTO (UE) 2016/679 do PARLAMENTO EUROPEO e do CONSELLO de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e demais normativa vixente sobre protección de datos en cada momento, e vela por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais empregados nos seus sistemas de información, así como a súa confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia en todo momento.
4. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL: Hornos de Lamastelle, S.A. por si mesma ou como concesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web, así como dos elementos contidos na mesma (a título enunciativo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.) titularidade de Hornos de Lamastelle, S.A. ou ben dos seus licenciantes. Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto nos artigos 8 y 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte ou por calquera medio técnico, sen a autorización de Hornos de Lamastelle, S.A. A PERSOA USUARIA comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial de titularidade de Hornos de Lamastelle, S.A. Poderá visualizar os elementos do portal e incluso imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado. A PERSOA USUARIA deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivera instalado nas páxinas de Hornos de Lamastelle, S.A.
5. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE: Hornos de Lamastelle, S.A. non se fai responsable, en ningún caso, dos danos prexuízos de calquera natureza que puideran ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de haber adoptado todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.
6. MODIFICACIÓNS: Hornos de Lamastelle, S.A. reserva o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no seu portal, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través desta como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados no seu portal.
7. ENLACES: No caso de que en www.lamastelle.com se dispuxesen enlaces ou hipervínculos cara a outros sitios de Internet, Hornos de Lamastelle, S.A. non exercerá ningún tipo de control sobre ditos e contidos. En ningún caso Hornos de Lamastelle, S.A. asumirá responsabilidade algunha polos contidos dalgún enlace pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún de ditos hipervínculos ou outros sitios de Internet. Igualmente, a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.
8. DEREITO DE EXCLUSIÓN: Hornos de Lamastelle, S.A. resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ao portal e/ou servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso, a instancia propia ou dun terceiro, a aquelas persoas usuarias que incumpran as presentes Condicións Xerais de Uso.
9. XERALIDADES: Hornos de Lamastelle, S.A. perseguirá o incumprimento das presentes condicións, así como calquera utilización indebida do seu portal exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.
10. MODIFICACIÓN DAS PRESENTES CONDICIÓNS E DURACIÓN: Hornos de Lamastelle, S.A. poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como aquí apareen. A vixencia das citadas condicións irán en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.
11. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN: a relación entre Hornos de Lamastelle, S.A. e a PERSOA USUARIA rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos xulgados e tribunais de Santiago de Compostela.