Cerrar mapa Estamos en Avda. Rosalía de Castro km 12, Montrove, Oleiros, A Coruña, Galicia, Spain. Encuéntranos por GPS: +43º 19’ 46.65’’, -8º 20’ 31.52’’
Dónde estamos

Sobre nós

A nosa historia: "Dende Galicia para o mundo"

No ano 1991 comezamos a nosa actividade cunha plantilla duns 10 traballadores, fabricando bolería e empanada recentemente enfornada para realizar unha distribución de ámbito local en A Coruña.

Ver máis

A empanada galega: “16 séculos de historia”

Coñécese a empanada en Galiza dende a época dos godos, no século VII, cando esta destacaba por se-la comida idónea para os viaxeiros, por ser un produto cómodo para ser consumido en calquera momento e en calquera lugar.

Ver máis

A historia da auténtica Tarta de Santiago

Aínda que non existen demasiados dados sobre a orixe da Tarta de Santiago, se pensa que se remonta á Idade Media, cando o consumo da améndoa era un luxo reservado para uns poucos.

Ver máis

As nosas instalacións

Dende os seus inicios, Hornos de Lamastelle fixo sempre unha clara aposta pola innovación no que ás súas instalacións e maquinaria se refire.

Ver máis

Compromiso / Calidade

O mellor aceno de identidade dos produtos de Hornos de Lamastelle son os altos niveis de calidade que a empresa ofrece aos seus clientes no seu produto final.

Ver máis

Compromiso social

A razón de ser de Hornos de Lamastelle son os seus traballadores e as persoas que confían nos nosos produtos.

Ver máis

A nosa historia: "Dende Galicia para o mundo" Subir

No ano 1991 comezamos a nosa actividade cunha plantilla duns 10 traballadores, fabricando bolería e empanada recentemente enfornada para realizar unha distribución de ámbito local en A Coruña.

Con posterioridade, no ano 1994, e grazas á inversión feita por un novo socio, dotouse á fábrica das instalacións de conxelación de produto precisas para a súa distribución a nivel nacional.

É a partires do ano 1998 cando, tras un período de recesión e peche temporal das instalacións, Hornos de Lamastelle pasa a formar parte da rede de empresas da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), retomando a fabricación cun único produto: a empanada galega.

Xa entrado no ano 2004 ampliamos a nosa capacidade de fabricación, dotándonos dos equipos de última xeración precisos para os altos niveis de produción que a demanda do mercado nacional requiría.

Na actualidade, grazas ó noso equipo humano, formado por máis de 70 traballadores e traballadoras, e ós esforzos que fixemos por innovar e mellorar cada día, conseguimos ampliar notablemente a nosa carteira de produtos e ter presencia no mercado a nivel internacional.

A empanada galega: “16 séculos de historia” Subir

Coñécese a empanada en Galiza dende a época dos godos, no século VII, cando esta destacaba por se-la comida idónea para os viaxeiros, por ser un produto cómodo para ser consumido en calquera momento e en calquera lugar.

Conta a lenda que os peregrinos sabían da súa proximidade a Santiago de Compostela ó percibir o inconfundible aroma a pan, empanadas e vieiras.

Foron estes, xunto co afán viaxeiro do galego, quen deron a coñecer por todo o mundo o prato máis representativo e popular da nosa gastronomía.

Despois de tantos séculos, en Lamastelle, seguimos mantendo este proceso vivo para os padais máis esixentes, adaptado ós tempos modernos, pero sen perder nin un ápice do proceso tradicional e artesanal comezado séculos atrás (alta calidade de produtos, ingredientes e modo de elaboración).

Trátase dun produto cómodo e práctico para consumir en calquera momento e lugar: “READY TO EAT”.

A historia da auténtica Tarta de Santiago Subir

Aínda que non existen demasiados datos sobre a orixe da Tarta de Santiago, se pensa que se remonta á Idade Media, cando o consumo da améndoa era un luxo reservado para uns poucos.

Téñense noticias de que no ano 1577 D. Pedro de Porto visitou a universidade compostelá e, froito desa viaxe, obtivo unha receita do que se coñecía por aquel entón como “torta real” (cuxa elaboración era parecida ó que hoxe se coñece como Tarta de Santiago).

Xa entrado no século XIX foi collendo a forma que na actualidade ten, pois no ano 1924 comezouse a marcar esta tarta coa característica Cruz de Santiago, unindo a este xesto un símbolo da cidade e unha especialidade tradicional.

A Tarta de Santiago aínda conta como ingrediente principal a améndoa (mínimo dun 33% da variedade mediterránea). Esta non debe confundirase ca tarta de améndoa.

A nosa Tarta de Santiago está avalada pola Indicación Xeográfica Protexida, a cal garante a orixe natural dos ingredientes e o seu modo de elaboración: dende a moenda artesanal no momento da súa elaboración, até o decorado a man de cada unha das tartas coa típica cruz da Orde de Santiago.

As nosas instalacións Subir

Dende os seus inicios, Hornos de Lamastelle fixo sempre unha clara aposta pola innovación no que ás súas instalacións e maquinaria se refire, de modo que a empresa fixo grandes inversións para mellorar o proceso de fabricación e a calidade do produto, sen sacrificar por iso postos de traballo necesarios para a produción artesanal dos seus produtos insignia: a Empanada Galega pechada a man e a Torta de Santiago con Indicación Xeográfica Protexida: TS-I-010-2010/11/03.

Actualmente cóntase con tres obradoiros que realizan as súas producións de forma simultánea, distribuído nunha superficie de 2.000 metros cadrados, dedicados cada un de eles a unha actividade concreta:

  • Elaboración manual de produtos artesáns.
  • Elaboración automatizada de produtos de vangarda.
  • Elaboración de repostería e Torta de Santiago con Indicación Xeográfica Protexida.

Compromiso / Calidade Subir

Dende a súa fundación en 1993, Hornos de Lamastelle S.A. é unha empresa comprometida coa seguridade alimentaria e coa calidade dos seus produtos: todo o proceso produtivo é sometido a exhaustivos controis por parte dos nosos traballadores, que van dende a recepción das materias primas e auxiliares ata o propio proceso de produción, envasado e expedición do produto final.

Hornos de Lamastelle, S.A. aposta en todo momento por unha continua innovación do seu proceso produtivo, encamiñada a mellorar en todo momento a calidade dos nosos produtos, sen esquecer en ningún momento as necesidades e a satisfacción dos nosos clientes.

O noso compromiso coa calidade vese respaldado dende o ano 2005 polo noso Sistema de Xestión da Calidade baseado na norma internacional ISO 9001:2008, así como pola Indicación Xeográfica Protexida para o noso produto Tarta de Santiago dende o ano 2010.

Compromiso social Subir

A razón de ser de Hornos de Lamastelle son os seus traballadores e as persoas que confían nos nosos produtos, polo que esforzarnos por levar a cabo unha política de responsabilidade social que repercuta positivamente nos nosos traballadores e no entorno no que desenvolvemos a nosa actividade é un reto que procuramos mellorar día a día.

Hornos de Lamastelle é un centro especial de emprego sen ánimo de lucro que ten como obxectivo a creación de emprego estable e de calidade para as persoas con discapacidade, como vía para a plena integración deste sector da sociedade, xa que o posto de traballo non só repercute positivamente na realización persoal do traballador a través do desempeño dunha actividade produtiva, senón que tamén permite a súa independencia económica, coa conseguinte mellora na súa autonomía, autoestima e calidade de vida.

Na actualidade, máis do 95% do noso persoal está en posesión do certificado de discapacidade.

Como proba da nosa clara vocación social, Hornos de Lamastelle foi un dos seleccionados para a participación do I Momentum Project, unha iniciativa de BBVA e ESADE dirixida a apoiar o emprendemento social en España.

Hornos de Lamastelle © 2012
Estamos en Avda. Rosalía de Castro, nº12, Montrove, Oleiros, Cp. 15179, La Coruña.